Publicado por : Adycto
25 de maio de 2007
Chegan xa as eleccións municipais e, como en todo proceso electoral, unha vez rematadas todos os partidos políticos dirán, con maior ou menor tino, que o seu é o vencedor das mesmas. É evidente que a campaña deste novo proceso electoral foi bastante sucia. Na Galiza, que o proceso electoral é só local, repítense por toda a nosa xeografía casos de "fraude censal" que implican tanto a PP como a PSOE. É lamentable descubrir como na casa do primo do alcalde de "non sei onde" hai censadas 40 persoas, ou que no concello de "aló" hai xente censada na estación de tren, en casas de turismo rural, en bodegas e, como non, en casas de xente que non ten nada que ver cos casos de corrupción e que, de repente, asómbrase de recibir no seu buzón tarxetas censais para catro ou cinco persoas máis das que viven na casa. O problema para esta xente, ademais de constatar en primeira persoa a suciedade do proceso electoral, virá cando teñan que facer a declaración da renta ou cando queiran acceder a algún tipo de axuda como a nova Lei de Dependencia. Esto na Galiza porque, no resto do Estado, as cousas non van mellor. Os partidos estatais están cos seus ventiladores a tope repartindo merda para todos os lados e, durante este días, crúzanse duras acusacións (corrupción en Melilla ou o da testaferro de Roca e Gallardón) que, canto rematen as eleccións, seguro que quedan en nada. Estou ata o carallo de que os partidos fagan, días antes de cada proceso electoral, acusacións escándalosas sobre os seus rivais políticos co único obxectivo de manipular a intención de voto do electorado xa que, repito, na maior parte dos casos, estas acusacións, logo das eleccións, soen quedar en nada. Unha proba máis do emporcado que está o panorama político. E iso por non falar da carretaxe de votos....
CARRETAXE NA GALIZA
Publicar un comentario