- Atrás »
- Curiosidades , curioso , España , política »
- O ESPAÑOL MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA
Publicado por : Adycto
24 de maio de 2007
Hai uns días, a cadea de televisión A3 emitiu un programa que tiña por obxectivo elixir ao "Español máis importante da historia". O programa en si parte dun concepto equivocado e absurdo pero os resultados das votacións, todavía máis absurdos que o propio programa, fan que este apareza hoxe na portada de Xornal Aberto. Segundo as votacións realizadas polos espectadores e recollidas por Antena 3, o español máis importante da historia e Juan Carlos Un, o actual rei que hai en España. Non é por fastidiar pero Juan Carlos Un no quedaría primeiro nin nunha votación dos Reis máis importantes da historia de España onde, entre outros, deberían estar por diante del Isabel a Católica, Felipe Dous ou Carlos Un pero, cando a xente vota, pasan estas cousas. Pero non queda ahí a cousa. O número dous da lista é Cervantes, por detrás de Juan Carlos Un!!, e o tres Cristobal "O xenovés" Colón, que nin tan siquera foi español. Iso, en todo caso, non parece un impedimento para entrar nesta lista xa que o carto posto é ocupado por Sofía DE GRECIA, a muller de SM, que como todos sabemos é española. Podería estar falando anos desta lista xa que, por exemplo, o séptimo español máis importante da historia, segundo Antena 3, é Felipe de Borbón (que fixo moitísimas cousas por España) e o posto quince o ocupa Letizia, a princesa de Asturias, ambos por diante de xente como Dalí, Guadí, Machado, etc. O mellor e que, vos mesmos, vexades o listado completo dos gañadores e riades na intimidade do voso pc. O peor é que, ante o éxito de público acadado polo programa, TVE (a que pagamos todos) vai facer un programa semellante...repetiranse os resultados?
Eu pensaba que tiñas un pouco máis de estudos Adycto. Dis que Cristobo Colón era xenovés, hai que informarse millor antes de escribir, nótase que non tes estudos universitarios. Tódolos historiadores e científicos a procura da orixe de Colón e resulta que tíñala tí. Mira, ainda non se sabe con certeza se era de Poio ou da Italia, só hai teorías. Pero ata que se confirmen a ciencia exacta non son máis ca teorías.
Que eu saiba Sofía de Grecia ten a nacionalidade española, ¿ou é que os inmigrantes co dni español non teñen os mesmos dereitos cos nados españois? Non sexas tan facha...
Canto o de Colón é evidente a confusión que ten o noso querido anónimo. Hai tempo que os científicos e historiadores de todo o mundo puxéronse de acordo en que a orixe de Colón era italiana, concretamente xenovesa, os únicos que discuten esto en todo o mundo son os historiadores e investigadores españois...por algo será.
Canto os das nacionalidades, ninguén discute nada sobre diferencias de dereitos entre persoas coa mesma nacionalidade. Evidentemente todos teñen os mesmos dereitos pero que unha tipa nacida e educada en Grecia e que, aínda hoxe, fala español con bastante dificultade sexa considerada como o 4 español da historia é realmente alucinante.
Colom si que é Xenoves, pero non italiano ...