Publicado por : Adycto 24 de maio de 2007

Hoxe comeza en San Sebastián o Festival El Sol de publicidade. Un total de 3.465 pezas participarán nesta nova edición do Festival que hoxe se presenta. Dende que no ano 2003 El Sol abríu as súas portas á comunidade iberoamericana, o número de accións procedentes do exterior aumentou un 243%. Así, nesta edición do festival estarán presentes axencias de 16 países distintos; ademáis de España, destacan polo número de materiais inscritos Arxentina (498), México (262), Brasil (230) Estados Unidos (126) e Portugal (117). Tamén estarán representados Chile, Colombia, Costa Rica, Ecuador, Guatemala, Perú, Puerto Rico, a República Dominicana, Uruguay, e como novedade respecto ao 2006, Venezuela e O Salvador. Basta de promoción gratuita, se queredes seguir as proxeccións do Festival so tedes que premer na televisión que hai aquí embaixo e poderedes disfrutar de moitos anuncios divertidos...




Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -