Publicado por : Adycto 23 de maio de 2007


Coa excusa das eleccións municipais do vindeiro domingo, Xornal Aberto iniciou unha ardua labor de investigación para saber cantos e cales son os partidos políticos galegos. Despois de permanecer mergullado nas interminables listas de partido políticos rexistrados en España moito tempo, chega o momento de presentar os datos. A pesares do que tendemos a pensar, os galegos parecemos bastante mais interesado nesto da política polo que se extrae do número de partidos políticos inscritos actualmente no devandito rexistro. Ademais do PPdG, o PSdG-PSOE e o BNG, en Galiza hai un total de ¡¡¡291¡¡¡ partidos políticos. Os hai para todos os gustos e cores e, o máis antigo, é o Partido Popular Galego (inscrito o 21/03/1977). Séguenlle de preto o Partido Galego Liberal (05/08/1977) e o Movemento Galego Democrático (16/09/1977). Canto ao máis novo, hai que destacar que son dous os partidos que comparten o título de "partido político galego máis recentemente incrito": Grupo Entero Liberal e Independentes por Porto do Son, ambos inscritos o 12/04/2007, hai apenas mes e medio.


Entrando no eido das cidades e, como era de esperar, Santiago de Compostela é a cidade galega na que hai inscritos máis partidos políticos (27), seguidade de preto por Vigo (21) e, xa máis lonxe, de A Coruña (13) e Pontevedra (9). Ata aquí todo máis ou menos normal. A lista continúa por Lugo (6), empatada con Oleiros (6), e seguida de Ourense (5), Tui (5), Poio (5), e logo xa Ferrol (3), empatada con outras moitas como Redondela, A Estrada, O Grove ou Marín. Destes datos cabe destacar a impresionante actividade política de cidades como Oleiros, Tui ou Poio que aventaxan na lista a cidades moito más poboadas como Ourense ou Ferrol.


Pois nada, isto é o que hai, moitos dos partidos inscritos non participarán nas vindeiras eleccións do domingo pero, para os que si se presenten, un consello: gobernade con sentidiño coño¡¡¡

2 Respostas ata o de agora.

  1. andaime dí:

    Era bo peche pra programa electoral. Punto último: "E ademais destas promesas, gobernaremos con sentidiño"

  2. Adycto dí:

    alédome de que che guste andaime...se algún día monto un partido seguro que o inclúo. Como na serie esta de "Canción Triste de Hill Street"...e lembrade muchachos "gobernade con sentidiño".

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -