Publicado por : Adycto 15 de maio de 2007

Ao final, o encargado de defender as posicións socialistas no programa Hai Debate da Galega foi o alcalde de Lugo, señor López Orozco que, para ser xustos, estivo bastante ben dadas as circunstancias nas que acudía. O debate en si non estivo mal pero a presencia de Orozco foi un lastre para o programa xa que, queras ou non, non é o mesmo que falen sobre os proxectos de política municipal Quintana ou Núñez que López Orozco, con todos os meus respetos. O debate estivo, polo tanto, capado dende o principio pero, aínda así, a verdade é que foi bastante interesante. Estamos xa pois metidos de cheo en plena campaña electoral e, polo tanto, chega o momento de falar sobre "políticos en campaña". O primeiro capítulo deste "políticos en campaña" vai a estar adicado a un "home feito a si mesmo" que se presenta polo Partido Popular na cidade de Pontevedra: falamos de Telmo Martín.





Telmo Martín foi alcalde de Sanxenxo ata que decidiu desembarcar en Pontevedra para tratar de quitarlle a Miguel Anxo Fernández Lores o sillón de rexedor da capital do Lérez. Telmo é o responsable das barbaridades urbanísticas cometidas durante estes anos na "Marbella galega", que tan ben nos explican no blog Salvemos Sanxenxo e desembarca en Pontevedra nun momento pouco propicio para os alcaldes-construtores porque, debemos lembrar, que Telmo é dono dunha empresa de construcción. Xa sei que o tema das incompatibilidades para exercer cargos públicos non é un tema moi de moda pero, a verdade, é unha auténtica vergoña que un home que se dedique á contrucción, nos tempos que vivimos, poda presentarse a alcalde dunha cidade, sen renunciar a súa actividade privada. Di un vello dito que a muller do César, ademais de selo, ten que parecelo. De todos os xeitos non traemos a Telmo ata a portada de Xornal Aberto para falar de incompatibilidades nin de nada polo estilo. Traemos a Telmo a Xornal Aberto para que vexades o video electoral do que vai facer en Pontevedra se gaña as eleccións....non ten desperdicio, sobre todo se es de Pontevedra ou viviches alí nalgunha ocasión.


3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    fenómeno.....eres un fenómeno.....eres un fenómeno...que animal de bellota presenta el PP en pontevedra.....juajuajuaj...vaya video¡¡¡¡¡¡

  2. Anónimo dí:

    TELMINATOR DE ALCALDE....O QUE FALTABA....

  3. En teoría sabera máis de proxectos municipais Orozco que Nuñez ou Touriño que nunca foron alcaldes. non si?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -