Publicado por : Adycto 16 de maio de 2007



Mañá é o día das letras galegas que, este ano, está adicado á poeta María Mariño Carou. A verdade é que non coñecía nada desta singular figura da literatura galega e, por ese motivo, dediqueime estes días a remexer papeis para saber máis sobre a súa obra e sobre a súa biografía. Unha das moitas curiosidades que rodean a vida desta muller e que vinte e sete anos separan a publicación do seu primeiro libro "Palabra no Tempo" da edición de "Verba que comeza", a súa segunda obra. Ao longo dese tempo creouse arredor desta escritora un veo de misterio, alimentado polo seu afastamento do mundo literario que perdurou ata hoxe. Se queredes saber máis sobre esta muller só tedes que navegar por cultura galega, pola páxina da Real Academia Galega ou por esta outra páxina adicada ao días das letras galegas e poderedes informaros sobre a súa vida e obra con maior profundidade. Eu deixovos cun estracto da súa obra....

De forte ollar, amiga,
de frio que non se
quenta,
Amiga, que eres de
todos
e por ninguén
esquencida.
Soia co teu silencio
na forza do teu poder,
un por un de cada ser
levas do fin ó comenzo,
descansar a túa fonte
.........................................
E logo d'ali cansiños,
amiga, dinos pra onde?
Deixa, amiga, ós nosos
pes,
frios polo teu ver,
algo do noso sentir,
do són que tí fas fuxir
amiga, por aquíl
nacer....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -