Publicado por : Adycto 14 de maio de 2007


Durante moitos anos tiven que aguantar, nos diferentes procesos electorais que vivía Galiza, que o predidente da Xunta non quixera participar nos debates electorais que se producían alegando diversas e absurdas razóns como "se fose un a un podería ser pero sendo dous contra un nin é debate nin é nada" e cousas polo estilo. Tamén tiven que escoitar, unha e outra vez, aos líderes do BNG e do PSdG, protestando, con máis razón que un santo, pola ausencia de Fraga nos debates. Hoxe a Galega ten previsto realizar un programa especial de Hai debate ao que se convidou aos señores Touriño, Quintana e Núñez Feijoo, con motivo das próximas eleccións municipais. En contra de todo o que eu pensaba, o señor Touriño (se é que se lle pode chamar señor) rexeitou a invitación porque "todo debate electoral, dende a perspectiva do PSOE, debe ser protagonizado por quenes van a pedir o voto aos ciudadáns". Tamén sinalou o presidente da Xunta que cando as eleccións sexan autonómicas el será o primeiro en acudir a debater. Sintoo moito señor Touriño pero estes argumentos a min non me serven. É lamentable que, o que tantos anos reclamou o seu partido para os galegos non o vaia a facer vostede agora que pode. Non sei cal é o motivo que lle deron os seus asesores para non acudir a esta cita na Galega pero asegúrolle que, para a maior parte da cidadanía, esta actitude súa de non acudir ao debate é unha proba máis de como os políticos demostran o que realmente son cando tocan moqueta. Unha pena señor Touriño, unha pena.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -