Publicado por : Adycto 9 de abril de 2007


Despois de varios días sen atender ás novidades políticas e sociais do país, Xornal Aberto retoma o pulso da actualidade. Así, tras a volta das vacacións de Semana Santa atopámonos con que os sinistros de tráfico non se reduxeron todo o esperado polas autoridades e que, no plano internacional, Irán ten previsto, tras a resolución do conflito dos soldados británicos, dar unha "boa nova" sobre o seu programa nuclear. Ademais, onte foi a celebración do Aberri Eguna e ETA estivo moi presente, durante toda a fin de semana, por causa da entrevista publicada por Gara con integrantes da banda e que para uns é un paso adiante no proceso e para outros un chantaxe máis da banda a ZP. Sabedes quen dixo cada cousa?. Ademais, o Partido Comunista de España esta de aniversario: cumpre 30 anos de legalidade e na Galiza, pola nosa parte, a Xunta afirma que en setembro activará a axencia de control urbanístico e, na Voz, cóntannos que vivir nun barrio comeza a ser máis barato que na áreas metropolitanas.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Los hay que curramos toda la semana santa así que menos quejas...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -