Publicado por : Adycto 10 de abril de 2007


Hoxe imos a facer un post endogámico, deses que falan de blogs e blogomillo. Segundo puiden leer en Vieiros, dous dos principais expertos mundiais en novas tecnoloxías como son Tim O'Reilly, promotor do termo web 2.0 e Jimmy Wales, creador de Wikipedia, propoñen crear un código de conduta blogueiro. Unha das principais recomendacións é que os blogueiros poidan prohibir os comentarios anónimos e borrar aqueles que poidan ser denunciábeis sen temeren que os tachen de censores. Os ideólogos pretenden crear varias categorías de permisos que estarán representadas por diferentes logotipos. Un permitiría os comentarios anónimos, outro desaconsellaríaos e un terceiro esixiría que os blogueiros contrastasen todos os rumores que publican. Todo o sistema sería voluntario e estaría autocontrolado pola comunidade. Non é por "tocar o zoco" pero creo que, en certa medida, esto é restrinxir a liberdade de expresión e, ademais, considero improbable que os blogueiros decidan adoptar estas normas de conduta. De todos os xeitos gostaríame coñecer cal é a vosa opinión ao respecto (aínda que estedes a favor da medida) e aínda que me deixedes comentarios obscenos e anónimos no blog. Eu escribo o que sinto e permito que todo o mundo faga o memo en Xornal Aberto, aínda que non estea de acordo conmigo.

6 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Pois a min, a verdade, góstame iso de deixar comentarios anónimos nos blogs. Creo que o anonimato é unha das mellores cousas que ten o de internet...non creo que haxa que poñerlle atrancos a xente que quere participar coa súa opinión nunha bitácora.

  2. Anónimo dí:

    a mi también me gusta el anonimato pero entiendo que, en determinados momentos, uno se pueda hartar de recibir mensajes obscenos o amenazantes y por eso decida censurarlos.

  3. Anónimo dí:

    pois a min paréceme ben que se faga isto do código....é un coñazo o dos comentarios non desexados, que insultan e molestan....

  4. Anónimo dí:

    A min gustame entrar como anonimo ou nome de referencia, basome na posibilidade que me da a rede, decindo o que penso, sen importar quen o diga.
    Pero, o termo de censura parece que da un pouco de reparo, conven ter claro que o risco do anonimo que pode vir a polo teu blog e certo, digamolo do tipo "toca guevos", eu non difiniria como censura, senon como defensa propia.Grazas por deixarme entrar como anonimo.

  5. Anónimo dí:

    que cada quen diga o que lle peta; as verbas non fan mal a ninguén aínda que non teñan pai ou nai. E se non che gustan as verbas anónimas: contesta, rebate, ignóraas ou as mandas a rañalo carallo...que a liberdade serve pra todo.

  6. Anónimo dí:

    está claro que a liberdade de expresión é fundamental...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -