Publicado por : Adycto 2 de abril de 2007


Hoxe e luns dous de abril e, ademáis, é un deses días nos que estás currando e non deixas de escoitar a todo o mundo decir cousas como que as estatísticas de accidentes de coche están subindo "durante estas vacacións de Semana Santa", ou que "a Semana Santa comeza con mal tempo". Ti mentres, no teu choio, te preguntas: son eu o único que está a traballar hoxe? por que todo o mundo fala de vacacións se ata o xoves non é festivo? cantos funcionarios hai no ensino? son todos amigos meus?, etc. Hoxe, por tanto, non é un bo día. Ademais, a xornada ven cargadiña de novas desagradables e iso fai todavía máis difícil superar as 15 horas que todavía me quedan por diante antes de meterme de novo na cama. Hoxe, por tanto, é día de links e titulares. Así, Moratinos visita Cuba e iso, como calquera noticia que se precie de ser importante, ten dúas versións: a do Pravda e a do Diario Bórico. Estes días andamos a voltas tamén co tema das detencións de etarras e a desarticulación do "Comando Donosti" e iso, coma non, tamén ten dúa sversións: a de Prisa e a dos conspiranoides.



Parece claro pois que, a importancia dunha nova no panorama xornalístico español actual, mídese pola distancia que exista entre as versión que ofrezan o Pravda e o Diario Bórico. Canto máis distancia haxa entre as dúas, máis relevante será a nova (esto non o ensinan na Facultade de Xornalismo). Esperemos que mañán sexa un día mellor e ninguén me fale no choio das vacacións de Semana Santa. Por certo, ata o xuíz Bermúdez e os seus (o exipcio, o avogado da avt, etc) teñen vacacións dende hoxe....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -