Publicado por : Adycto 19 de abril de 2007


As eleccións municipais do vindeiro 27 de maio están xa, coma quen di, enriba de nós e, por ese motivo, parece que os nosos políticos andan máis tolos que nunca. Iso debe ser o que motivou que o alcalde de Caldas de Reis, o socialista Xosé Manuel Rey, enviase varias cartas aos emigrantes caldenses radicados en Arxentina e Uruguay pedíndolles o voto, en sobres co membrete do concello de Caldas. Señor Rey, a pesares das súas públicas desculpas e explicacións lémbrolle que os cartos dos cidadáns non se poden utilizar para facer campaña política. Máis divertido foi o caso do alcalde do concello da Coruña, tamén socialista, "sucesor" Xavier Losada. Esta mañá, durante un acto público na Universidade de Coruña tivo que escoitar como o reitor da Universidade (non me fagades moito caso) afirmaba no seu discurso que a Universidade non está para facer nela actos políticos (vaia machada). Ademais destas anécdotas temos o tema do aumento dos censos, o de que os militares poidan votar nas eleccións e os nosos mariñeiros non (son máis de 10.000), e o máis importante: as promesas electorais. Hoxe, que parece que o día está adicado aos sociatas, unha de Touriño: a autopista entre Dozón e Ourense será gratuita. Iso sí, durante os próximos 67 anos (casi nada) os que usemos o tramo de Santiago a Lalín seguiremos pagando os 4,80 euros que vale agora mesmo (e o que subirá). Café para todos¡¡....


Como non podía ser todo dos sociatas unha para o PP: o alcalde do municipio de Portomarín, Eloy Rodríguez, non está disposto a cambiar o nome á rúa dedicada ao ditador Francisco Franco. Quere facer un referendum no pobo xa que pensa que Franco fixo moito polo concello e estaría mal quitarlle a rúa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -