Publicado por : Adycto 18 de abril de 2007


Un asiduo lector de Xornal Aberto contábame o outro día que o blog está dando unha transformación cara á cultura demasiado grande e que el prefería os artigos sobre política. Co ánimo de satisfacer a todo o mundo, hoxe voltaremos a escribir sobre política e, coma non, sobre a constante situación de olvido á que se ve sometida Galiza. Como moitos pensei que ZP tería un pouco más de coidado de Galiza, sobre todo estando Touriño en San Caetano, pero parece ser que estaba equivocado. Ao constante "retraso" do AVE hai que engadir agora outro "olvido": Enagás deixa a Galiza fora do seu plan de gasoductos ata 2012. Os compañeiros do País Galiza o explican de xeito moi contundente neste artigo e as conclusións son ben claras: o gas galego terá que viaxar ata Santander para entroncar coa rede española de gasoductos, o que case impide de feito a súa distribución no mercado español. O plan estratéxico 2007-2012 presentado onte por Enagás prevé unha inversión de 4.000 millones de euros pero nin un só destes euros virá a Galiza. Ben sei que isto se pode "vender" como unha decisión empresarial que nada ten que ver co goberno de España pero, que queres que che diga? eu non o teño tan claro. Por certo, neste enlace poderedes descargar o informa completo de Enagás presentado onte.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -