Publicado por : Adycto 23 de abril de 2007

Cando un está vago fai posts como este. Hoxe é luns e estou vago. En Francia fixeron onte a primeira volta das súas eleccións (a segunda será o 6 de maio) e resultou vencedor o liberal Sarkozy, quedando como a súa opoñente para a segunda volta a socialista Ségolène Royal. Le Pen, pola súa banda, fracasou estrepitosamente e iso é algo do que todo o mundo se ten que aledar. En outro orden de cousas, o Papa Ratzinger resucitou o inferno ao anunciar que "o inferno, do que se fala pouco neste tempo, existe e é eterno" e, en España, a Audiencia Nacional absolveu aos 18 acusados polo caso do fraude do lino, que tantas portadas deulle ao Pravda. Hoxe ademais é San Xurxo (felicidades mr. danger) e polo tanto estou na obriga de recomendaros que leades un pouco (no vale con leer este blog) acordándome dunha fermosa campaña de fomento da lectura que emitía hai xa uns anos o mítico programa "La bola de Cristal". Fáltalle o final pero seguro que os acordades todos del, non si?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -