Publicado por : Adycto 16 de abril de 2007


Pasei a fin de semana de festa cos amigos e, falando con eles, dinme de conta de que a vida política do país segue nunha situación caótica. De feito, un bo amigo (CQ) ten unha teoría ben curiosa: dí que o próximo que vai a facer Núñez Feijoo é convocar en Galiza unha manifetación para que o goberno non ceda ao chantaxe e non entregue o Bierzo aos nacionalsocialistas Touriño e Quintana. Parece un pouco excesivo pero visto o comportamento do PP en España e vista á deriva pancartera e radical na que andan metidos os populares tampouco sería tan extrano que Acebes, Zaplana e inclusive Rajoy estiveran presentes nesa imaxinaria convocatoria. Bromas fora, a verdade é que a situación política no Estado non deixa de empeorar e, por outro lado, a situación de Galiza dentro do estado tampouco. ¿Terminarase algún día o AVE que vai comunicar Galiza con Madrid?. A tomadura de pelo para os galegos -que repártense os populares e os sociatas- debería ter provocado xa un plante en toda regra da sociedade e dos nosos políticos, xa que ao agravio obxectivo desta obra eterna engádese o comparativo de ver cómo proliferan trens rápidos por toda España. Non é que eu non considere que outros sitios de España non precisan o AVE, é que penso que Galiza o necesita moito e dende hai moito tempo. Veremos algún día circular trens a 300 km por hora na Galiza? e de iso pasa, a canto circularán polo resto do Estado?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -