Publicado por : Adycto 11 de abril de 2007


Onte fun ao teatro a ver a estrea de “Castronós, o Baile” un musical que parte dun espazo e dun texto de Xavier Picallo, para mostrar a historia do século XX en Galiza a través dunha sala de baile. A estrea da obra, ata o venres no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cumpriu as expectativas xa que contou con moito público nas plateas e cun excelente comportamento de todos os actores, músicos, son, luz, dirección, etc. Persoalmente quero destacar o traballo de tres actores: Pepa Yañez, Marcos Correa e Toni Salgado que, cada un co seu peculiar estilo, demostraron que a escea galega conta con moitos e moi bos actores. Tamén quero destacar o traballo impecable dos músicos que, tocando en directo, sosteñen boa parte do peso da obra. En resumo, un interesante musical que podedes ver en Santiago ata este venres.

2 Respostas ata o de agora.

  1. besbe dí:

    Punto 1 moi mal tan pouco tempo no teatro, agardo que se poida ver noutras cidades de Galicia e punto 2 a que hora serían as funcións, xa sei que o poido buscar por aí, pero ando algo liadiña de tempo e bueno, se mo dis ti xa non o busco (simple comodidade) que me tiña boa pinta o conto.

    Gracias por adiantado :)

  2. Adycto dí:

    as 21:00 horas....de nada:)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -