Publicado por : Adycto 7 de marzo de 2007


O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, defendeu hoxe no Senado a decisión de aplicar a prisión atenuada ao etarra José Ignacio de Juana Chaos.O pleno estivo marcado pola actitude irrespetuosa dos senadores do PP, que acompañan con murmurios e ruído as intervencións do presidente do Goberno. Tiveron que ser increpados en varios momentos polo presidente da cámara. «Isto é unha vergoña», dixo Javier Rojo en voz alta e dirixíndose aos parlamentarios populares. As edicións dixitais dos princiais diarios recollían a intervención de ZP desde os seus respectivos puntos de vista. Así, o diario bórico fala da responsabilidade da decisión de Zapatero, o Pravda lémbranos que Aznar excarcerou a 300 etarras anticipadamente , segundo ZP, a retagarda destaca que o goberno do PP reduxo un ano de cárcere a De Juana por escribir un libro de propaganda de ETA, a Voz que De Juana só obtivo beneficios penais con Aznar e o monárquico ABC fala do reproche que hoxe lle fixo Zapatero ao PP. Ademais deste tema, na sesión de control ao goberno no Senado, falouse de moitas outras cousas como a presencia de tropas españolas en Afganistán ou a xornada laboral dos MIR.

One Response so far.

  1. Que cariña de tranquilo ten na foto e que fera se puxo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -