Publicado por : Adycto 6 de marzo de 2007


Hoxe morreu, ás 7:00 horas no Hospital A Paz de Madrid, un dos mellores humoristas españois e pioneiro, xunto co seu inseparable "Tip" (morto en 1999), doutro xeito de facer humor. Durante os anos 70, coincidendo coa Transición española, esta parella de cómicos fixo reir a un país enteiro cando as cousas estaban para todo, menos para reir. Hoxe morreu, con 75 anos de idade, vítima dun "fracaso multiorgánico" consecuencia da doencia cardíaca que arrastraba dende hai tempo. Home de axitada biografía e de innumerables citas para a Historia foi, ademais de excelso humorísta, escritor, presentador de televisión e radio, e actor. Televisión Española emitirá esta medianoite un especial sobre Coll, no que o xornalista Jesús Hermida percorrerá a súa extensa traxectoria profesional vencellada a TVE. Hoxe deixounos Coll sen cumprir a súa maior ameaza: Falar do Goberno.


O VASO DE AUGA


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -