- Atrás »
- Curiosidades , curioso , España »
- MULLERES, MOEDAS E AUTOBUSES
Publicado por : Adycto
8 de marzo de 2007
Hoxe é o día internacional da muller traballadora. En Xornal Aberto non creeemos para nada nos "días de..." pero o día de hoxe é unha excusa perfecta para dar algúns datos sobre a sitauación da muller no mundo. Así, por exemplo, a estatística dí que unha de cada cinco mulleres é violada ou sofre unha tentativa de violación durante a súa vida. Na maioría dos casos, ademais, o violador é un familiar, un coñecido ou un axente estatal. Ademais, a situación laboral da muller no mundo é, canto menos, precaria. Na Galiza, por exemplo, aínda hai 20 profesións nas que a muller ocupa menos do 5% do emprego total do sector. Ademais, case a metade das mulleres cobran menos de 12.000 euros, fronte a un de cada cinco homes. Parece claro que hoxe non podíamos deixar de falar da situación da muller no mundo pero, en Xornal Aberto, temos máis temas para tratar. Así, nos EEUU, un número indeterminado de moedas novas de un dolar sofreron un terrible olvido durante a súa fabricación: olvidáronse de poñerlles o lema "In God We Trust" (Confiamos en Deus). As moedas valen xa preto de 400 euros nas puxas que se están a facer por Internet e mentres, en España, o Partido Popular segue quecendo a manifestación do vindeiro sábado en Madrid, en protesta pola decisión do Goberno de atenuar a prisión ao etarra Iñaki de Juana Chaos. O secretario xeral, Ángel Acebes, presentou esta maña un autobús que percorrerá a capital para explicar os motivos da protesta.
Como fixera onte Aznar, Acebes foi hoxe ata a madrileña praza da República Dominicana para facer unha ofrenda floral ás 25 vítimas de De Juana e despois presentou o autobús co que pretende convencer aos madrileños de que vaian á "manifa" do sábado. O do bus é unha iniciativa de Novas Xeneracións que hoxe tamén presentou un vídeo no que acusa ao Goberno de “ceder ao chantaxe” do etarra e a súa “falsa folga de fame”. O barbudo este que puxeron ao frente dos "cachorros" do PP non para de facer cousas. Se sodes morbosos e queredes ver o video premede aquí.

Publicar un comentario