Publicado por : Adycto
5 de marzo de 2007
Gustaríame falar hoxe doutra nova que non tivera relación co tema de De Juana pero, visto o visto, non hai máis remedio que falar disto. O PP, os "improvisados" manifestantes, a Cadena Cope e os "conspiranoides" en xeneral están falando constantemente da "traición", "rendición", "sumisión", e "cesión ante o chantaxe" do presidente do goberno e, a verdade, empezo a estar canso do tema. O goberno español decidiu "atenuar a prisión" do preso Iñaki De Juana polo estado de saúde no que se atopaba que, segundo os informes médicos que manexaba o goberno, indicaban que "a vida do preso corría grave peligro e incluso podía entrar en coma e ter unha morte súbita". Penso tamén que o goberno está a utilizar o caso De Juana para tratar de reactivar un proceso de paz que os atentados de Barajas deixaron nunha situación moi complexa e que, ademais, o Goberno de Zapatero non estaba disposto a "cargar" coa morte do preso e a consiguente "subida aos altares batasunos" do terrorista. É certo, como din os conspiranoides, que De Juana é o responsable do asasinato de 25 persoas pero hai que lembrarlle á xente que por estes delictos o etarra xa cumpriu a súa pena en prisión e a atenuación da que estamos a falar é por un delicto de ameazas e enaltecemento do terrorismo pola publicación de dous artigos no Diario Gara: El Escudo e Gallizo. Outra cousa da que quería chamar a atención dos nosos lectores é a importante presenza de bandeiras anticonstitucionais nas manifestacións de repulsa ante a decisión do goberno no caso De Juana. Pero non é que estes son os defensores a ultranza da Constitución?
Ademais, como ben pode leerse no Pravda, esta medida que tanto critican os conspiranoides non é nada comparado coas tomadas por outros gobernos, como o do señor Aznar. Dende Xornal Aberto non pretendemos criticar as mediadas tomadas no seu día polo señor Aznar en política antiterrorista senón que os conspiranoides vexan que todos os gobernos toman decisións determinadas en aras de tratar de acabar coa lacra que significa ETA para a democracia española.
Así, Aznar gañou as eleccións xerais de 1996 e tomou posesión en maio. Só un mes despois, con Ortega Lara secuestrado, o Ministerio del Interior, dirixido por Jaime Mayor Oreja, anuncia a súa intención de reagrupar en cárceres do País Vasco ou próximas a esta comunidade autónoma a 150 presos de ETA. O 23 de xuño, a banda terrorista dicta unha tregua dunha semana e o Goberno aproba o 29 de xuño, con Ortega Lara secuestrado, o reagrupamiento de 32 presos de ETA en prisións de Euskadi ou próximas a esa comunidade.
Enrique Villar, delegado do Goberno do PP no País Vasco, explicou así a medida: "Los movimientos que se están produciendo van en la línea de conseguir que estas personas que lo tienen retenido cambien de alguna manera su salvaje comportamiento y se obtenga la libertad de este señor".
Por si non quedara claro que o Goberno do PP estaba movendo ficha á espera dunha resposta positiva de ETA, o ministro do Interior, Jaime Mayor Oreja, declarou eses días: "Los miembros de ETA, en el supuesto de que en un momento determinado decidieran una actuación, que ojalá no se produzca, lo tienen más complicado en el sentido de que no pueden justificar que aquí se ha producido una cerrazón y una intransigencia por parte de Interior".
O Goberno Aznar, por tanto, achegou 32 presos de ETA ás cárceres vascas, ao menos 13 deles probados asasinos, como quería a banda terrorista. Pero non quedou a cosa ahí, o PP seguíu coa súa política de achegamento de presos a cárceres da Península, incluíndo por certo a De Juana Chaos, e de concesións de terceiros graos a presos de ETA que padecían algunha enfermidade. Algúns dos excarcelados por este sistema morreron meses despois pero outros seguiron vivindo con normalidade fora do cárcere, como Jon Idígoras. Eu non creo que esta política fose errrónea, ni tan siquera cando o presidente do goberno Aznar falara de Movimento Vasco de Liberación, pero penso que, tanto uns coma outros, teñen os mesmos dereitos á hora de gobernar. Se o goberno Aznar pensaba que este achegamento de presos que realizou ou as excarceracións feitas eran beneficiosas para lograr rematar coa violencia de ETA eu non vou a ser que as critique. Agora ben, hai que ser persoas e non ter dobre raseiro. Se antes se podía facer, agora tamén.
Publicar un comentario