Publicado por : Adycto 5 de marzo de 2007


Na edición dixital do diario bórico ou do Pravda podedes leer hoxe que o Partido Popular, a través do seu líder Mariano Novoy, convocou hoxe ás persoas "normais e sensatas" a unha manifestación en Madrid este sábado 10 de marzo baixo a lenda "España pola libertade; non máis cesións a ETA", como rexeite pola concesión do segundo grao penitenciario ao terrorista José Ignacio de Juana Chaos. En canto escoitei esta nova convocatoria do PP a unha "manifa" non puiden menos que lembrarme de como, cando gobernaba o meu querido Ansar, o goberno en pleno (presidente á cabeza) calificaba de "pancarteros", "comunistas", "independentistas" e "titiriteros" ás persoas que se manifestaban en contra da "guerra preventiva" de Iraq e, sen embargo hoxe, son eles os que están permanentemente na rúa protestando por calquera decisión política que toma o goberno. Concretamente lémbrome de cando Aznar falaba sobre os manifestantes de Nunca Máis e dicía que "[Nosotros] Vamos a levantar Galicia y otros podrán quedarse ladrando su rencor por las esquinas" ou de cando, antes das elección do 14-m, dicía que a alternativa ao PP era unha coalición de "pancarteros, comunistas e independentistas" que "todas las mañanas desayunan galletas de rencor o de odio" e queren "romper España".


A min que a xente se manifeste paréceme ben, o que xa non me parece tan ben é que, por exemplo, califiquen indirectamente de "insensatas ou anormais" ás persoas que non pensan acudir a esta nova convocatoria. De tódolos xeitos, paréceme todavía peor que o PP utilice nas súas manifestacións bandeiras franquistas, himnos militares, bandeiras da Falange, etc, etc. Peor me parece, de tódolos xeitos, que utilice o himno e a bandeira de España como patrimonio persoal. Imos ver, a bandeira de España ao igual que o himno non deben ser utilizado de xeito partidista nunha manifestación. Que pasa? Son só españois os que acuden as convocatorias do PP?. Ademais, o propio PP regulou sobre este punto no ano 1997 a través dun decreto que limitaba o uso do himno español para evitar estes males e que dicía o seguinte (sen traducir):


"El himno nacional de España será interpretado, cuando proceda" en "versión completa" en "los actos de homenaje a la bandera española", en "los actos oficiales" a los que asista el Rey o la Reina, la Reina consorte o el consorte de la Reina y "en los demás actos previstos en el Reglamento de Honores militares".


En versión breve, será interpretado en los actos oficiales a los que asistan el Príncipe de Asturias, la Princesa de Asturias, los Infantes de España o el presidente del Gobierno y en los actos deportivos o de cualquier otra naturaleza en los que haya una representación oficial de España, además de los que prevé también el Reglamento de Honores militares.


Paréceme que este non é o caso das manifestacións que ultimamente esta a convocar o PP.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -