Publicado por : Adycto 4 de marzo de 2007


Leín no blog de Elianinha que a bitacora Cronicas de Oz foi censurada por Blogger e que "o seu autor, J.C. (que non J.B.), declarouse violado tras comprobar que non podía actualizar o seu blog porque o seu servidor Blogger consideraba que tiña contido inapropiado". Sorprendeume moito esta nova xa que, o pasado mércores, pasoume a min o mesmo co blog Ser Del Celta. Quedei moi sorprendido porque Blogger non me permitía publicar novos post, aínda que sí gardalos como borradores, e me dicía ademais que os "Robots de Blogger" tiña rastrexado o meu blog e o identificaran como un "blog con contido inapropiado". A pesares de que me molestou bastante o asunto (estiven 2 días sen poder escribir) non lle dín máis importancia ata que hoxe leín o post de Elianinha no seu blog. Por que esta actitude de Blogger? Cantas persoas resultaron afectadas? Gustaríame saber de máis xente a que lle pasara o mesmo...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -