Publicado por : Adycto 2 de marzo de 2007


Como todos saberedes a estas alturas da xornada, o preso Iñaki de Juana Chaos, condenado a tres anos de cárcere por un delicto de ameazas e outro de enaltecemento do terrorismo, quedou onte en prisión atenuada por decisión do ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, que asumíu a proposta aprobada o mércores pola maioría na Xunta de Tratamiento da cárcere de Aranxuez. En Xornal Aberto, unha vez que rematou a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros desta mañá, dispoñémonos a ofreceros todas as opinións sobre esta noticia. Así, María Teresa Fernández de la Vega, fixo fincapé na legalidade da decisión pese a que o Goberno, "como á maioría dos ciudadáns", dixo, non lle guste. Insistíu en que a medida axústase estrictamente á legalidade e considerou que as declaracións dos dirixentes do PP tras a decisión sobre De Juana son "ignominiosas e obscenas democráticamente falando". Seguide lendo porque o mellor está por chegar....(incluídos Cesar Vidal e Federico)


Mariano Novoy, pola súa parte,
convocará aos españois para facer rectificar ao goberno nesta decisión , e o BNG, a través de Rodríguez, maniféstase de acordo coa decisión do goberno. Nos medios a cousa está así: o diario bórico afirma que o goberno admite que a decisión tomada xenera"incertidume", o Pravda destaca, pola súa banda, a convocatoria de "manifa" de Rajoy e o Gara, que para estas novas está moi ben, di que o Goberno español asume "ao cento por cento" as consecuencias da decisión sobre De Juana. O PP, a través da súa web, fala da nova manifestación popular anunciada por Rajoy e o PSOE, tamén na súa web, fala da comparecencia de onte de Rubalcaba. A pregunta que vos facedes todos seguro que é: que din na Cope? Na Cope, coma sempre, van un paso máis aló. Nos reproductores de abaixo poderesde escoitar o editorial de onte de Cesar Vidal sobre De Juana e o que hoxe dicía Federico sobre o tema, a eso das sete da mañá....casi nada! (Son arquivos longos pero dignos de escoitar).


CESAR VIDAL


FEDERICO

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    o cesar vidal este é peor que o mesmo federico...que salvaxe....é ofensivo escoitalo

  2. Anónimo dí:

    Moi lamentable Cesar Vidal, e seica é historiador...
    Por outra parte onde millor estaba o cabrón do terrorista era morto, pero coma nos somos bos e parvos non queremos que morra. O que fixo o goberno foi intentar que non fixera de martir, e iso está moi ben. Pero se morrese tampouco sería unha grande perda...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -