Publicado por : Adycto 1 de marzo de 2007

Dando unha volta polo internet atopei dúas páxinas webs que anuncian senllas películas que creo que todos debemos coñecer. Seguro que os avezados lectores de Xornal Aberto xa tiñan constancia delas pero eu, que as veces son máis lento que un rexional de Renfe, entereime da súa existencia hoxe. Unha chámase Shooting Silvio e, como podedes imaxinar, trata do ficticio asasinato do señor Silvio Berlusconi e a outra Death of a President e, como non podía ser doutro xeito, trata do asasinato do presidente do EEUU, George Walker Bush. Para non amolaros cun rollo sobre cada unha, aquí tedes os trailers para que os poidades ver.


SHOOTING SILVIO TRAILER


DEATH OF A PRESIDENT TRAILER

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -