Publicado por : Adycto
3 de marzo de 2007
No repaso diaro que Xornal Aberto fai por vos dos medios de comunicación, os redactores atoparon hoxe unha nova de especial interese: o presidente da Xunta de Galiza, o señor Emilio Pérez Touriño, concedeulle ao xornal La Vanguardia unha entrevista na que o presidente dos galegos fala, entre outras cousas, de que a "financiación autonómica é multilateral ou non é" en resposta a unha pregunta na que se lle inquire pola súa opinión sobre o feito de que Catalunya negocie bilateralmente o seu sistema específico de financiación, tal como establece o novo Estatut. SmallBull, que foi ata Catalunya para entrevistarse co "bacheler" Montilla e para buscar inversións en Galiza, fala tamén na entrevista do Estatuto galego e afirma que non considera un fracaso persoal a imposibilidade de sacalo adiante porque, segundo comenta, "No foi posible porque o PP o impediu. O seu líder na Galiza, Núñez Feijoó, preferiu a súa salvagarda persoal, ou a de Mariano Rajoy, en vez de asumir a responsabilidade dun PP galego que ten aportado moito á autonomía".?????? Menudo capote non?????.
Por certo, a entrevista remata cunha pregunta maliciosa do xornalista "Unha maldade: é certa a lenda de que rompeu un dedo dando un puñetazo enriba da mesa tras o fracaso del Estatuto?".
Publicar un comentario