Publicado por : Adycto 14 de marzo de 2007


Segundo recolle hoxe o xornal electrónico Vieiros nunha interesante información, a actual conselleria de Pesca da Xunta de Galiza, Carmen Gallego, construíu hai tempo un chalé a 72 metros da costa de Vilaboa. A asociación ecoloxista Salvemos Pontevedra denunciou entón a contrucción desta casa e a Xunta de Galiza resolveu, en xuño de 2000, que o chalé debía ser derrubado e decidiu ademais sancionar economicamente a actual conselleira. Pasado un mes desta resolución, Gallego e o seu home decidiron interpoñer un recurso que ata hoxe-hai máis de seis anos e medio- a Xunta non respondeu. Froito deste silencio administrativo a sanción ecocómica prescribiu. Para que a Xustiza obrigue á Xunta a executar o derrubo, “Salvemos Pontevedra” levou o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como nos contan neste comunicado.


Segundo contan en Vieiros, fontes oficiais da Consellería de Pesca negan que a casa sexa ilegal e argumentan que non se trata dun caso exclusivo do chalé da conselleira, senón que outras oitenta casas atópanse nunha situación similar na mesma zona. A excusa dada pola Consellería é ben peregrina (mal de moitos...) pero o que é realmente triste é que a Consellería diga que unha casa situada a 72 metros da costa non é ilegal. Pero Salvemos Pontevedra non está só nesta loita contra a actual conselleira de Pesca, tamén Greenpeace denunciou, o pasado verán, que o chalé está “dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre”. Así figuraba nun apartado do seu informe “Destrución a Toda Costa”, dentro dun apartado titulado “Quen dixo prevaricación?”Por certo, moi avispados tamén os responsables da Consellería de Pesca durante a última lexislatura de Fraga que tiveron o expediente que permitiría derrubar a casa da señora Gallego nas súas mans e non fixeron nada. A efectividade da Administración Autonómica é sorprendente....seguro que co teletraballo dos funcionarios pódese solucionar.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    72 metros e máis ou menos de 500?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -