Publicado por : Adycto 13 de marzo de 2007


Como sigo sen ordenador na casa e teño que "postear" dende o ciber do barrio (de San Pedro), vou a facer un post resumo da xornada deses que tanto vos gustan. Hoxe o día comezou, informativamente falando, coa intervención do ministro Rub-Al-Caba no Congreso, tratando de explicar a decisión tomada polo Goberno sobre o caso De Juana. A intervencón do ministro foi dura co PP e a réplica de "Alomojó" Zaplana non se quedou atrás co Goberno, ao que lle lembrou a implicación do PSOE no caso GAL. Segundo o Pravda, todo se resume na seguinte frase do ministro do Interior: "Para condenar a nosa política penitenciaria, deben repudiar a súa". O diario bórico, pola súa banda, titula a información relacionada coa intervención do ministro cun explicativo "Rubalcaba enumera as excarceracións do PP e Zaplana lembra os GAL". Hoxe, ademais da comparecencia de Rubalcaba, abriu os telexornais a detención de tres presuntos etarras en Hendaia (que rara coincidencia) e a nova xornada do xuízo do 11-m (merda¡¡ prometera non falar hoxe do xuízo). Ademais de todo isto, que non é pouco, a xornada complétase, informativamente falando, con catro novas máis a destacar: o teletraballo dos funcionarios, a denuncia feita polo PP Extremeño pola publicación de "pornografía católica" con fondos da Xunta de Extremadura, a entrevista que Mariano Novoy concederá esta noite (21:15 horas), nos platós de Antena 3 Tv, aos xornalistas Gloria Lomana, Juan Pedro Valentín e ALFREDO URDACI e a "pillada" que lle fixeron ao embaixador de Israel no Salvador en estado de embriaguez, cunha pelota de goma na boca e distintos xoguetes "sados" ao seu redor.


Sobre o do teletraballo dos funcionarios dicir que paréceme algo moi perigoso coñecendo o xeito que teñen de traballar algúns funcionarios (que serán os primerios en apuntarse a esto do teletraballo). O bo que ten esto do teletraballo é que, polo menos, non terás que verlle a "cara de cú" ao funcionario de turno cando lle preguntas por algo "un pouco lioso" dez minutos antes de "pechar a súa garita".


Sobre o do PP Extremeño e a súa denuncia por "pornografía católica" a unha publicación da Xunta de Extremadura, gustaríame puntualizar que a creación dun artista está por enriba das opinións políticas e, aínda que entendo que non lles guste, a min tampouco me gusta o que fai a Pantoja e non a denuncio (e o dela si que me parece inmoral). Os populares centran a súa demanda en que as "obras de arte pornográficas" aparecen publicadas nun libro pagado pola Xunta de Extremadura e non entenden como ésta pode apoiar estas creacións, sendo a maioría dos extremeños católicos (ou eso din os do PP) . Seguro que estes tampouco permitirían que, por exemplo, Dalí ou Picasso recibisen apoios dun goberno para a difusión das súas obras por inmorais ou que Leo Bassi actuase en Extremadura. A cousa é a de sempre. Se non fas o que eu creo que é "normal e sensato" non podes recibir apoio das administracións.


Xa para concluír, comentaros dúas cousas máis: non vos perdades a entrevista desta noite en Antena Trex de Madiano Novoy e non deixedes de leer este enlace no que se fala de como o embaixador de Israel en o Salvador, Tzuriel Rafael, veuse obrigado a regresar ao seu país despois de que o vixiante da súa residencia o sorprendera, no xardín traseiro da súa casa, desnudo, bébedo, coas mans atadas, unha pelota de goma na boca e con varios obxetos sadomasoquistas. Eu pensei que esto só o facían os ingleses pero parece que os xudeus tamén gostan deste tipo de perversións.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -