Publicado por : Adycto 29 de marzo de 2007


Tras a marexada política e social producida por Zapatero e o seu café a 80 céntimos (eu o tomo todos os días a ese prezo no Cruceiro da Rúa San Pedro) hoxe imos dar en Xornal Aberto outra nova de alcance: a nova manifestación do PP. As veces, os amigos mandan ao teu correo multitude de mails "divertidos" que, na maioría dos casos, mandas directamente á papeleira sen abrilos (para que nos imos a enganar) pero hoxe, sen embargo, vou a falar dun que me chegou esta mañá e que non ten desperdicio. O PP vai a convocar unha nova manifestación para esta fin de semana. A razón son as fotos de Elsa Pataki en Interviú.

Segundo Acebes, a responsabilidade do roubo das fotos tomadas á actriz española Elsa Pataki correspóndelle unicamente ao gobierno socialista de Zapatero. Acebes manifestou hoxe que coa aparición destas imaxes estase a crear unha crispación innecesaria por parte do goberno, xa que fomenta a división entre os españois. "Zapatero non pode permitir este tipo de polémicas, é
un kamikaze por consentir a aparición destas fotos en dúas revistas ao mesmo tempo. No hai dúbida de que busca a división de España".

Eduardo Zaplana, pola súa banda, afirmou que "alomojó" foi o propio ZP o que sacou as fotos na praia mexicana, "o presidente ten a obriga de demostrar que non foi el, e que nesas datas no andaba por México". Pola súa parte, Mariano Rajoy anunciou a celebración dunha nova manifestación para este sábado e afirmou que a aparición destas fotos en Interviú forman parte da negociación que o goberno está mantendo coa ETA, xa que "sabemos que De Juana Chaos sempre quixo ver publicadas fotos de Elsa Pataki desnuda e o goberno non pode ceder tan facilmente ante os terroristas, ... ¿qué será o próximo?". O lema da manifestación no está aínda confirmado, pero pode ser tal que así: "Por que nos dá a gana e non temos outra cousa mellor que facer. Viva España e a Pataki, nos máis cesión do goberno a ETA-Batasuna". Calquera día pasa algo así....

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    q rica que está la pataki¡¡¡¡ manifestación ya¡¡¡¡ por ella merece la pena seguir a los pepotes a donde sea¡¡¡

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -