Publicado por : Adycto
28 de marzo de 2007
Hoxe Xornal Aberto adica a súa portada á cultura e, máis concretamente, ao teatro. A Sala Nasa acolle, mañá xoves 29 de marzal a partir das 22:00 horas, a estrea da última montaxe da Bacana Producións: “Hendaya mon amour”. A obra, unha delirante comedia musical interpretada por Xúlio Abonjo e César Goldi, estará na Sala Nasa durante os días 29, 30, 31 de marzal e 1 de abril. Bacana Produccións, que en tempadas anteriores apostara por montaxes como “Ratman e Bobyn” (2002) e “Os fillos de Eva” (2004), insiste de novo no xénero da comedia musical con “Hendaya mon amour”, unha montaxe que ten como protagonistas principais a Adolfo The Hit (Fito) e Francisco Frango (Paco).
Tras as catro funcións da Sala Nasa, “Hendaya mon amour” iniciará a súa andaina por diversos escenarios de Galiza presentando esta comedia da Compañía Bacana, na que os protagonistas mergúllanse no twist, no hip-hop, na balada romántica, na copla ou no pop máis pop, co obxectivo de contar a “meirande historia de amor endexamais contada”. Unha comedia musical na que, segundo os seus propios autores, “o amor acaba co fascismo”.
ACTORES
Xulio Abonjo comezou a súa actividade como actor no ano 1994 e, dende entón, ten traballado ininterrompidamente en televisión, cine e teatro. Traballos para televisión como os realizados para as series da Galega “Galicia Expréss”, “Terras de Miranda” ou “Cuarto sen ascensor” fixeron a Xulio coñecido para o gran público. No mundo do cine, este xoven actor participou en proxectos tan recoñecidos como “O ano da garrapata”, de Jorge Coira ou “O lapis do carpinteiro”, de Antón Reixa. No mundo do teatro, que nunca abandonou, Xulio Abonjo participou, ademais de nas montaxes xa mencionadas de Bacana Produccións, en diversas obras da Aula de Teatro da USC e do Centro Dramático Galego.
César Goldi, pola súa banda, tamén comezou a traballar como actor a principios dos 90 e o ten feito, ao igual que Xulio, tanto en televisión como en cine como en teatro. Na televisión, por exemplo, César Goldi participa, como actor principal, en coñecidas series da Galega como “Mareas Vivas” ou “Cuarto sen ascensor”, entre outras. Como actor de reparto, César participou tamén en proxectos cinematográficos do nivel de “O regalo de Silvia”, de Dionisio Pérez Galindo ou “Sei quen es”, de Patricia Ferreira. Ademais, Goldi ten traballado moito, durante estes anos, no mundo do teatro como indica a súa participación en montaxes como “Rosalía”, dirixida por Roberto Vidal Bolaño para o Centro Dramático Galego, ou a premiada “Tio Vania”, dirixida por Cristina Domínguez para Factoría Teatro.

Publicar un comentario