Publicado por : Adycto 1 de marzo de 2007



Hoxe, primeiro de marzo, vai ser o Día Sen Móbil. Xa sei que moitos de vos non podedes seguir a convocatoria por motivos laborais pero dende Xornal Aberto os lembramos que esta é unha xornada para que todos os usuarios de telefonía móbil se manifesten en contra da próxima subida de tarifas. Hai moitos xeitos de facelo: deixando o móbil na casa, desconectándoo, non atendendo chamadas, etc. A convocatoria, como nos comentan en Código Cero , está a recibir apoios dun número importante de asociacións e colectivos de consumidores, como por exemplo Ausbanc Consumo, o Consello de Consumidores e Usuarios (CCU), a Confederación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros (ADICAE) ou Consumidores en Acción (FACUA). Hai que loitar contra a explotación monopolística e ilegal a que nos están sometendo dende as empresas de telefonía e que permitiron, entre outras cousas, que Telefónica obteña un beneficio récord de 6.233 millones de euros en 2006 e que o resto de compañías non lle anden á zaga.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -