Publicado por : Adycto 28 de febreiro de 2007


O líder cubano, Fidel Castro, reapareceu onte nunha conversa telefónica co seu colega venezolano, Hugo Chávez, durante o programa diario de radio presentado por este último e chamado "Aló Presidente". Chávez anunciou repentinamente unha chamada desde A Habana e manifestou a súa sorpresa ao escoitar a voz de quen saudou como a súa "camarada, irmán e pai" Fidel Castro. A última aparición pública de Castro fora o pasado 30 de xaneiro, cando a canle estatal Cubavisión mostrou un vídeo dun encontro seu con Chávez na Habana. A conversa mantida polos dous líderes latinoamericanos durou casi 30 minutos e non tivo desperdicio. Así, entre outras cousas, Castro afirmou que "Me siento bien y estoy contento. No te puedo prometer ir pronto por allá, pero si voy ganando terreno, me siento con más energía, más fuerza". Xa na despedida, o lider cubano pediu "calma y paciencia a todo el mundo, el país marcha que es lo importante". O máis interesante, non obstante, foi a pequena pero intensa conversa en inglés (ou similar) que mantiveron os dous líderes e que podedes atopar no reproductor da esquerda (como non). De tódolos xeitos, nada que ver coa lección maxistral de ingles dada polo inefable Aznar en Geortown, hai algún tempo, e que tamén podedes escoitar no reproductor da dereita (como non). Que treman os do Home English! Por certo, se queredes escoitar a entrevista completa entre Chavez e Castro premede neste link.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -