Publicado por : Adycto 22 de marzo de 2007

A Axenda Cultural de Xornal Aberto para esta fin de semana inclúe, como sempre, música, artes escénicas e exposicións. No tocante á música, a fin de semana permite en Galiza opcións para todos os estilos. Como recomendación deste blogueiro temos, o sábado ás 22:00 horas na Sala Capitol de Santiago de Compostela, a actuación do grupo Skalariak que sacará, no vindeiro mes de abril, un novo single+dvd. Sen abandonar a festa, ese mesmo sábado, no Café Teatro Xesteira de Ourense, poderedes ver, a partir das 12 da noite, aos galegos A Compañía do Ruido, que actuarán xunto con Ergom. Se queredes a mesma festa, pero en clave de folc, non teredes máis que achegarvos, o sábado tamén, á Sala Planeta de Sarria para ver o directo de Pepe Vaamonde Grupo.


Canto as artes escénicas, a fin de semana ofrécenos tamén variadas posibilidades. Así, por exemplo, mañá venres poderedes ver en Noia, no Teatro Coliseo Noela ás 22:00 horas, o novo espectáculo de Mofa e Befa: Sempre ao lonxe e o sábado, no Auditorio municipal de Ourense, podemos asistir á obra de Titziana Teatro: Entrañas. Hai máis opcións para ver teatro esta fin de semana, que podedes consultar neste link, e tamén para a música.

Xa para rematar, unha boa exposición. Coa lenda «Faime un oco» e a imaxe dunha ra vidrio de Costra Rica, comeza esta singular exposición na que se poden ver as mellores fotos sobre naturaleza do mundo. Cinconta destas instantáneas (incluída a gañadora) participaron no concurso Wildlife Photografer of the Year, organizado polo Museo de Historia Natural de Londres e a BBC. Este certamen está considerado como un dos máis importantes do mundo. Ben, pois no Aquarium Finisterrae da Coruña, conretamente na Sala Isabel Castelo, poderedes comtemplala ata o mes de xuño.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -