- Atrás »
- VISITAR AO XEFE EN PRECAMPAÑA
Publicado por : Adycto
6 de febreiro de 2007

Postos a falar do ben que fora a reunión e, xa metidos en fariña, "Smallbull" afirmou e comprometeuse a que “Vigo estará conectada en alta velocidade con Madrid a través dunha conexión directa”. “Xustamente con este Goberno este compromiso é pleno e é unha realidade”, asegurou, posto que se trata dunha infraestrutura que está comprometida “nun plan de país”, o Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transportes (PEIT). Pérez Touriño asegurou que se trata dunha conexión de alta velocidade coa que Rodríguez Zapatero está comprometido e que considera “estratéxica”.
Pero Touriño sacoulle moito máis ao xefe, ou eso dixo. Concretamente un compromiso sobre a inefable Cidade da Cultura. Sobre este punto, Touriño afirmou que na xuntanza de hoxe, Emilio Pérez Touriño tamén obtivo do presidente do Goberno o compromiso de converter á Cidade da Cultura en “proxecto de Estado”. “A Cidade da Cultura pasa a ser un proxecto de Estado”, remarcou Touriño ante os xornalistas, “porque queremos e acordamos que a Cidade da Cultura xogue un papel de enlace cultural entre Europa e España con Iberoamérica”.
Deste xeito, “o Estado toma participación implicándose” nun proxecto que, pola súa situación, “ten todo un potencial de posibilidades extraordinario nesta función” e en particular, en áreas como a industria do cine ou as letras “nos que pensamos que é posible un amplo desenvolvemento”. Pobre ZP, no sabe onde se mete!!
gran reflexión si señor¡¡¡¡os políticos acaban parecendose todos mais que dous vasos de leite