Publicado por : Adycto
7 de febreiro de 2007
Hoxe tivemos aos políticos no Parlamento "facendo que facían", debatindo sobre quen tivo a culpa do parón da reforma estatutaria. Como non podía ser doutro xeito, uns botáronlle a culpa aos outros e os outros aos uns. Así, o noso queridísimo presidente, señor Touriño, atribuíu o fracaso da reforma estatutaria á postura de «inmovilismo intransixente» do líder do PP, Alberto Núñez Feijoo, de quen dixo que no proceso demostrou «serlle máis leal a Rajoy que a Galicia». Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Aberto Nuñez, dixo que a proposta de reforma presentada por Touriño era «innegociable», xa que introduciu o termo «nación», o que significou un «endurecemento» da postura, xa que, segundo dixo, o PSDEG non propuxera esa denominación para Galiza en ningún texto anterior. Quintana, como mandaba o guión, criticou a Feijoo afirmando que "Uns somos responsables de querer para Galiza exactamente o mesmo que ten Cataluña e, outros, de negalo e utilizar os seus trinta e sete deputados para impedilo". En resumo, que todo parece bastante igual ao da reunión na casa de "Smallbull" hai menos dun mes, na que os nosos políticos non acadaron o esperado acordo. O máis listo da clase hoxe foi Feijoo, que comprometeuse a renovar en 72 horas o proceso de reforma estatutaria se os membros do bipartito, PSDEG e BNG, presentan unha proposta "conxunta" sobre a reforma do Estatuto. Moi listo Albertito, moi listo.
Publicar un comentario