Publicado por : Adycto 6 de febreiro de 2007


A Sala II do Centro Social Caixanova de Vigo acolle, ata o vindeiro 18 de febreiro, a mostra "Pops Tales" da pintora Galia Blanco, inspirada nas propostas máis "popis" e vangardistas. A pintora, como fixera Warhol no seu momento con Marilyn, utilizou ás "rubias" como protagonistas indiscutibles desta colección adicada ao agropop. Estas particulares "rubias" aparecen na mostra cheas de colorido e simboloxía, cargadas de moita ironía e cunha estética claramente baseada na tendencia pop e nunha íntima relación co séptimo arte.

Pops Tales é do máis fresco que podemos ver agora mesmo no panorama creativo galego e Galia Blanco, unha das máis claras realidades artísticas do noso país. Galia Blanco,licenciada en xornalismo pola Universidade de Santiago,comezou a pintar desde moi nova e despois de participar en varias exposicións colectivas, destacou coa feita, de xeito individual, na Casa da Cultura de Pontevedra. Se queredes vela non tedes máis que achegarvos ao Centro Social Caixanova de Vigo antes do vindiero 18 de febreiro e en horarios de 18.30 a 21.30 de luns a venres, e de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas sábados e festivos. Se non podedes ir, premendo neste enlace poderedes dar unha volta polas "rubias" de Galia Blanco e outras das súas obras.

One Response so far.

  1. tecnoloxico dí:

    molan as vacas....non coñecía a Galica Blanco pero as súas obras estánde puta madre (as da galería virtual). Terei que achegarme a Vigo a ver a exposición.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -