Publicado por : Adycto 16 de febreiro de 2007



Atopábame perdido entre os xornais leendo e releendo nomes en árabe, tipos de compostos químicos, casos de corrupción urbanística e todo o que estes días ocupa as portadas dos principais xornais cando, de repente, en medio de tanto barullo, atopo no monárquico ABC unha nova que me fixo reir de verdade: un albanel bébedo (como a Sue Ellen) cazou unha quenlla de 1,3 metros coas mans. Os feitos ocorreron en Australia onde, sempre segundo a versión do xornal ABC, un albanel australiano cazou coas súas propias mans unha quenlla de 1,3 metros "grazas ás copas que tomara antes de saír de pesca cos seus amigos"(vodka para máis información). O animaliño en cuestión chámase Philip Kerkhof, ten 41 anos e vive na localidade de Louth Bay, situada ao Sur do país. Segundo as propias palabras de Kerkhof, recollidas pola axencia de noticias australiana AAP, o que sucedeu cando viu ao escualo foi o seguinte: "Sin pensalo (é obvio), meteuse na agua e perseguíu a quenlla ata que a enganchou e, tras pelexar co animal, conseguíu subilo ao barco, ante a mirada atónita dos seus compañeiros de pesca". Kerkhof, que só sufríu un desgarro nos pantalóns, dixo posteriormente que non se dera conta da "idiotez" que cometera ata que despertou ao día siguiente, tras dormir a kurda. O noso heroe prometeu que o vindeiro domingo celebrará a proeza cunha gran comellada.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -