Publicado por : Adycto
19 de febreiro de 2007
Como xa todos saberedes a estas alturas do partido, "Ostedijk" é o nome do barco holandés cargado de fertilizantes e de apuros que, dende o sábado de magrugada, pasea por diante das nosas costas sen que as autoridades saiban exactamente que facer con el. Parece ser que, nestes momentos, o buque diríxese a unha zona situada ao leste do cabo de Estaca de Bares a 6 ou 7 millas da costa, que garante abrigo ao barco e seguridade para calquera tipo de operación que haxa que facer co buque. Segundo acaba de explicar o presidente Touriño aos medios de comunicación, a actual posición do barco responde á máxima de garantir, por enriba de todo, “a seguridade para a propia tripulación e a seguridade para as persoas e os territorios”. “O que se garante é que non haxa riscos e afeccións para as persoas, nin na costa nin na tripulación”, insistiu Pérez Touriño aseverando que, polo tanto, “estamos ante unha situación que non é errática” senón que obedece á resposta que se está dando desde o operativo, tendo en conta a viabilidade e todos os elementos científicos. Touriño dinos que o barco non se está a pasear dun lado a outro porque sí senón atendendo a criterios técnicos.
Touriño recalcou tamén ante os medios de comunicación que o funcionamento do operativo posto en marcha ante a situación do Ostedijk respondeu a un “criterio lóxico, sustentado tecnicamente” e baseado en función dos criterios de seguridade. “Trátase, polo tanto, dunha decisión solvente e dunha decisión determinada por eses criterios”, remarcou Pérez Touriño asegurando que “non hai ningún comportamento errático”, senón que existe un comportamento determinado en función da resposta operativa necesaria para evitar unha determinada dirección de ventos que podería acarrear dificultades.
Segundo dixo o presidente, “a situación a estas horas permanece estable e non existe o menor risco de contaminación”, engadiu asegurando que o operativo está tamén a estudar, permanentemente, a posibilidade e viabilidade técnica de acelerar o proceso de descomposición da carga fertilizante ou ben a súa retirada con garantías plenas de seguridade en todos os niveis.

Publicar un comentario