Publicado por : Adycto
15 de febreiro de 2007
Xornal Aberto non é un medio de comunicación especializado en temas deportivos mais hoxe sí queremos falar de deportes. O Karpin-Galiza, o primeiro equipo ciclista profesional da nosa terra, ven de rematar hoxe a súa primeira competición oficial: a Volta a Mallorca. O debut do equipo foi excelente xa que o galego Ezequiel Mosquera completou o gran traballo feito polo equipo e terminou no segundo posto da xeneral, tras cinco duros días de competición. O primeiro posto no podio foi para Luis León Sánchez, do Caisse D'Epargne-Illes Balears, e o terceiro lugar ocupouno Vladimir Gusev do Discovery. O triunfo final da carreira foi para o equipo que corría na casa pero o debut oficial do equipo dirixido por Álvaro Pino (que comprou unha despino) foi francamente esperanzador. As próximas citas do equipo serán a Volta a Andalucía (a partir do días 22 deste mes) e a Volta a Valencia.
A creación do equipo profesional galego Karpin Galiza xorde do empeño da Consellería de Cultura e Deporte en dar resposta a unha demanda longamente ansiada pola sociedade galega e, en particular, polo amplo e recoñecido mundo do ciclismo galego, de longa traxectoria que fixa os seus comezos nos finais do século XIX.
O equipo Karpin Galiza tivo a súa primeira confirmación pública o 29 de maio 2006 no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Nese acto anunciouse non só o compromiso por parte da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia de levar a diante o ilusiónante proxecto senón que tamén se presentou o seu director deportivo, Álvaro Pino.
Entre outros, son obxectivos do Karpin Galiza:
- Dar unha oportunidade aos ciclistas galegos para continuar a súa traxectoria deportiva en Galicia o máximo nivel.
- Ser un referente para os ciclistas que comezan a súa carreira e para o ciclismo de base.
- Converterse nun estímulo á práctica deportiva entre a xuventude.
- Ser referente dun novo deporte galego polo mundo adiante.
Publicar un comentario