Publicado por : Adycto 1 de febreiro de 2007


Xornal Aberto actuará hoxe como altofalante da Alianza do Planeta, unha asociación formada por 72 membros entre os que atopamos asociacións medioambientais, e tamén xurídicas, sociais, humanitarias, científicas, asociacións de consumidores, de agricultores, sindicatos...de todo tipo menos organismos estatais, empresas e partidos políticos. Esta Alianza ten como obxectivo tomar medidas para asegurar o futuro das próximas xeneracións, da terra e todas as especies que viven nela. Pois ben, esta asociación convocou para hoxe xoves 1 de febreiro, entre as 19:55 e as 20:00 horas, un apagón xeneral planetario das luces durante cinco minutos para chamar a atención sobre la urxencia de facer fronte ao cambio climático, causado pola enerxía sucia que consumimos. Dende Xornal Aberto, como dende outros moitos sitios, pedimos que te sumes ao apagón.

Sólo son 5 minutos pero, todos xuntos, podemos chamar a atención dos nosos veciños, dos medios de comunicación e dos políticos sobre o impacto do consumo diario de enerxía sobre o cambio climático. A elección deste día e non doutro é porque hoxe sairá en París o novo informe do grupo de expertos climáticos de Nacións Unidas que, unha vez máis, demostrará a urxencia de respostar á ameaza do Cambio Climático. A foto saqueina do blog Impulso Verde.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -