- Atrás »
- Curiosidades , curioso , España »
- O VIDEO DA CONSPIRACIÓN
Publicado por : Adycto
31 de xaneiro de 2007
A teoría da conspiración, segundo wikipedia, é aquela que consiste nun intento de explicar a causa última de algo (normalmente un suceso de significación política, un fenómeno social ou un feito histórico) como o resultado dunha trama secreta realizada por unha alianza encuberta de persoas poderosas. O PP leva, dende os atentados do 11-m, madurando unha teoría da conspiración pola cal os atentados de madrid foron obra de terroristas musulmanes, membros da ETA e, como non, varios membros do PSOE entre os que estaban Rubal-caba, Pepe Blanco e Zapatero. Está claro que todavía hai moito que investigar sobre os detalles deste atentado pero eu son dos que pensa que para iso están os xuíces e as forzas e corpos de seguridade. Está ben que os xornalistas e as forzas políticas e sociais axuden, na medida das súas posibilidades, a aclarar todo isto pero non comparto que esta "axuda" parta dunha teoría perfectamente elaborada como a que estamos a ver. Todo este "rollo" ven para presentar un video, colgado no espazo web do PP de San Martín de Vega, en Madrid, no que se acusa ao presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, de "pactar cos etarras" os atentados do 11-M para "chegar ao goberno". O PSOE xa anunciou que denunciará á presidenta do PP rexional, Esperanza Aguirre, ao secretario xeral, Francisco Granados, e á presidenta desta formación na vila madrileña, Carmen Guijorro.
Estos putos fachas están locos¡¡¡¡¡no visteis ayer al Losantos en el programa del Loco de la Colina...acojonante
está moi enfermo...
é unha pasada o do video....esta xente anda enferma