Publicado por : Adycto
1 de febreiro de 2007

Digo esto porque, o amigo Telmo prometeu, coa banda sonora de American Beauty de fondo, que Pontevedra contaría, se chegase a gobernar con: "un gran bulevar de 7 quilómetros dende Monteporreiro ata Placeres, quilómetros de túneles para canalizar o tráfico, novos aparcamentos en 6 puntos da ciudade e, inclusive, un novo porto deportivo". Telmo prometeu tamén "reducir o paro na cidade nun 40% en cinco anos", "dispoñer dun orzamento municipal de 150 millóns de euros no 2012 sin subir os impostos" ou trasladar Ence a un emprazamento que non quere desvelar. Casi nada. Isto si que é prometer e o resto coñas.
Comparado con isto, as declaracións de Conde Roa en Santiago non son nada. El non prometeu demasiado e, ademais, por moito que prometera é imposible que chegara ao de Telmo. Por outra banda, o seu era unha entrevistilla para comezar a facer barullo e o de Telmo unha presentación en toda regla. Aínda así, o de chamar a atención conseguiuno aínda que non sei moi ben a que prezo. Resulta que, preguntado polo tema do botellón en Santiago e pola proposta de acotar zonas específicas para realizalo, o señor Conde Roa afimirmou que "Si se acotan zonas para o botellón, por que non para os porros e a cocaína?".
Señor Roa, o consumo de alcohol por maiores de 18 anos NON está penado en España, sen embargo o consumo e posesión tanto de porros como de cocaína SI está penado. Coido que a diferenza é grande. O candidato do PPdG en Santiago afirmou tamén, se cadra para amañalo, que a mensaxe que hai que enviar á xuventude é "que non se vai a tolerar esta práctica". A rúa e miña coñiiiiio!
Pois iso, que dende Xornal Aberto seguiremos con atención a campaña electoral en estas dúas fermosas cidades. Esperamos que o resto de candidatos comece a prometer e a falar para, deste xeito, poder sacalos tamén neste espazo.
Publicar un comentario