Publicado por : Adycto 26 de febreiro de 2007


A fin de semana deixou novas abondo para comentar. O Ostedijk está xa preparado para abandonar as augas galegas, Pe non conseguíu o Oscar que tanto quería e Zapatero anuncia que, en oito meses, poranse en marcha nas estradas sistemas automáticos de control de infraccións, que substituirán aos radares e que enviarán de xeito inmediato os incidentes a un Centro Nacional de Denuncias Automáticas. A pesares de todos este noticións, Xornal Aberto anda preocupado porque, segundo comentan os compañeiros da edición dixital da Voz de Galicia, que a Unión de Gardas Civís de Galicia (UGC-Galicia) fixo público hoxe un comunicado no que aseguran que a seguridade dos municipios de Betanzos, Miño, Oleiros e Sada se «resente» como consecuencia das patrullas que se destinan a vixiar o inmoble do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, en Perbes (A Coruña). Non é que pidan que se deixe de protexer a casa de Fraga en Perbes, xa que o ex-presidente da Xunta está ameazado por ETA, senón que, ao tratarse dun INMOBLE PRIVADO E BALEIRO, debería encargase a vixiancia a unha empresa privada tal e como pasa noutros casos.

A UGC-Galicia únese as crítica feitas polo voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, hai un par de semanas, nas que expresaba que a vivenda de Fraga en Perbes só está ocupada polo ex presidente da Xunta "
un mes en verán" e avogou para que este servizo o prestase unha empresa privada.



A UGC-Galicia di agora que a vivenda de Fraga está custodiada as 24 horas do día e que delo encárganse tres patrullas da Garda Civil (seis axentes) dos postos de Miño, Betanzos, Oleiros e Sada. Ao non existir unha unidade específica para estes mesteres as funcións realízanas axentes destinados á seguridade cidadá destes termos municipais co cal o mal para a seguridade destes concellos é evidente.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    ¿Tiene mas miedo que siete viejas?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -