Publicado por : Adycto 27 de febreiro de 2007


Hoxe era un día bo para seguir o xuízo do 11-m en Xornal Aberto Televisión. Hoxe foi o día no que declarou o confidente da Garda Civil e presunto colaborador da "célula" terrorista do 11-m, Rafa Zouhier. Zouhier declarouse "superinocente" ao inicio da súa declaración ante a Sección Segunda do Penal da Audiencia Nacional, que xulga a masacre, e declarou insistentemente que avisara ás autoridades españolas de que un grupo de asturianos vendera 150 quilos de explosivos en Madrid. O interrogatorio de Zouhier, para quen se solicitan 20 anos de cárcere, foi o primeiro realizado neste xuizo polo fiscal xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, con quen o procesado polemizou abertamente durante a declaración. Esto valeulle as continuas reprimendas por parte do presidente do tribunal, Javier Gómez Bermúdez, que incluso chegou a decirlle nunha ocasión que se calara "de una puñetera vez" e se limitara a contestar ás cuestións en vez de cuestionalas. A verdade é que o xuíz Bermúdez é todo un animal mediático por descubrir.

Por certo, coma sempre, os principais xornais españois destacan nas súas edicións dixitais o que máis lles interesa das declaracións de Zohuier. Así, o diario máis bórico, titulaba cun conspirador "Zohuier insiste en que dixo que Trashorras vendía explosivos" e o Pravda, como non, afirma que "Zouhier nega ter oído nada de Eta en relación co 11-m". Por certo, falando de teorías, hoxe é a primeira vez en bastante tempo que o Mundo non abre a súa edición impresa co 11-m, mentres que o monárquico ABC saíu hoxe á rúa con este interesante editorial e con este interesante artigo, por qué será?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -