Publicado por : Adycto 23 de febreiro de 2007


O 23 de febreiro de 1981 eu estaba a piques de cumprir 7 anos e, esa tarde, volvía a casa coa miña nai e o meu irmao pequeno despois do "cole". Cando cheguei a casa dinme de conta de que algo raro pasaba, xa que a miña nai estaba pegada a radio e o meu pai chegou a casa moito antes do habitual. Eu xogaba co meu irmao no carto dos xoguetes e os meus pais estaban pegados ao teléfono e á radio e á televisión. De repente, entraron no carto onde estabamos meu irmao e mais eu e dixéronnos que o día seguinte non tiñamos que ir ao colexio. Ese é o meu recordo do 23 F. Hoxe e 23 de febreiro de 2007 e xa pasaron 26 anos daquela importante data. Para que ninguén esquenza o que significou ese día na historia de España ofrezo aos lectores de Xornal Aberto a posibilidade de consultar, por exemplo, o especial do 25 aniversario do 23 f elaborado o pasado ano polo xornal El País, xunto coa cadena ser, o especial do Mundo no 20 aniversario de tan sinalada data, a información que a Wikipedia da sobre este acontecemento, o especial feito polo Comercio Digital e incluso a posibilidade de mercar libros sobre este feito trascendental da nosa democracia. Nestes enlaces tedes ao voso alcance, interpreteacións, portadas de xornais, cortes de audios, fotografías, etc sobre o 23 de febreiro de 1981. No reproductor de abaixo poderedes escoitar a emisión da Cadena Ser cando Tejero e os seus gardas civis entraron no Congreso.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -