Publicado por : Adycto 19 de febreiro de 2007


Vieiros cumprirá o vindeiro 24 de febreiro once anos en internet "facendo noticias sobre o mundo, desde Galiza e en galego". Durante todo este tempo Vieiros pasou de ser un proxecto pioneiro a converterse no "medio en galego máis lido". Para celebrar este acontecemento, o xornal estreará deseño e novo formato: estamos ante o nacemento dun novo Vieiros. No propio xornal temos a opción de ver, baixo o nome de Vieiros beta, un adianto do que será o novo deseño. Gústame o feito de que mantén moitos dos elementos que fan recoñecible en calquera lado a imaxe de Vieiros pero, doutra banda, gústame tamén que incorpore unha maior presenza de "brancos" que danlle a páxina un maior nivel de "lexibilidade". Destaca tamén neste novo formato, como no podía ser doutro xeito, a presenza protagonista das imaxes que era algo moi demandado entre os lectores. Espero que a acollida sea boa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -