Publicado por : Adycto
20 de febreiro de 2007
Informa hoxe a Cadena Ser de que, segundo unha reportaxe emitida polo canle BBC America, EEUU ten xa listo un plan para atacar Irán se fallan as conversas entre os países. A estratexia de Washington para atacar Irán no caso de que o país prosiga co seu obxectivo de construir un arma nuclear inclúe ataques contra a infraestructura militar iraní e o bombardeo das instalacións nucleares que posúe o país. Ata o momento, o Goberno do presidente de Estados Unidos, George W. Bush, nega a existencia de plans para atacar Irán e basea a súa estratexia na diplomacia. Ao mesmo tempo, Teherán -que insiste no seu dereito ao uso da enerxía nuclear- asegura que as súas intencións son pacíficas e no busca desenvolver armas nucleares. Ou sexa, que segundo a BBC en breve as tropas norteamericanas "desprazadas" en Iraq cruzarán a fronteira para facerlle unha visita aos veciños iraníes. Parecía evidente, dende hai tempo, que se xuntas a dous "tarados" como George Walker Bush e Mahmud Ahmadineyad ao fronte de dous países como EEUU e Irán ao final ten que haber lío. Non me vou a meter na discusión de quen é máis tolo ou parvo dos dous pero, unha enquisa feita polo xornal The Guardian entre os británicos, afirmaba que os súbditos da súa maxestade creen que o presidente de EEUU, George W. Bush, é máis peligroso para o mundo que o líder norcoreano, Kim Jong-il, e o presidente de Irán, Mahmud Ahmadineyad. E iso que son os seus aliados....
Publicar un comentario