Publicado por : Adycto 21 de febreiro de 2007


Google anunciou, hai menos dun mes, que xa atopara a fórmula para rematar cos coñecidos como Google Bombing . Había moitos exemplos coñecidísimos de Google Bombing como o de buscar "miserable" en Google e que o primeiro resultado que aparecese fora a páxina web do Senado adicada a Acebes, ou o de buscar "ladrones" e que o primeiro resultado fora a páxina web da SGAE. Agora, cando buscas "miserable", a primeira páxina que aparece é un post de Periodista Dixital onde "Luis del Olmo critica a actitude miserable de Jiménez Losantos". Sen embargo, cando tecleas "ladrones" no Google aparece un post do blog Merodeando, de Julio Jiménez, co título "SGAE=ladrones".


Como os da SGAE son así de chulos e isto non lles gusta nada decidiron enviarlle a Julio Jiménez un burofax pedíndolle que retire este post. Julio, que xa ten experiencia nestas lides, publicou o burofax no seu blog e deixouno todos nas mans dos seus avogados, que basean a súa defensa en que é un post informativo. Hai miles de post en miles de blogs que asocian as palabras "ladrones=SGAE" (como por exemplo este) e, non por iso, a SGAE manda retirar a todos estes post...busca a SGAE un cabeza de turko? Dende logo estanse equivocando xa que o único que vai a conseguir é que a xente se una en contra deles. Seguiremos informando sobre o caso.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Ladrons é unha palabra que se lle queda curta a estes merdans da sgae.
    Que dean gracias a Alá de non estaren na península Arábiga porque cortariamosllelas mans... e tamen o carallo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -