Publicado por : Adycto
22 de febreiro de 2007
Din os medios de comunicación que o Ostedijk, o barco que leva días paseandose polas costas galegas cheo de fertilizantes en proceso de descomposición, está xa fondeado na zona de abrigo escollida polo gabinete de crisis, esperando a que se inicien as labores de enfriamento da carga coas que se espera poder proceder, posteriormente, á retirada da mesma do buque. Supoño que esto será verdade pero a nube de fume que onte e hoxe persegue ao barco, froito dos fertilizantes en descomposición, non me produce ningunha sensación de tranquilidade. Aínda así, as autoridades nos dicen que todo vai ben, segundo o previsto, e que non hai ningún perigo. A miña pregunta é: debería Galiza ter as competencias de Salvamento Marítimospara poder afrontar estas crises?
Cando falamos dos traspasos de competencias do Estado ás Comunidades Autónomas, moitos pensan que é un debate estéril e teórico que so importa aos "nacionalistas de sempre" pero a cuestión é moito máis "práctica" do que parece. No caso do Ostedijk, a necesidade de que Galiza teña tranferidas as competencias en Salvamento Marítimo parecen claras. Na actualidade, o papel da Administración Autonómica limítase a organizar os operativos que fosen necesarios en caso de que a contaminación chegase a terra. A competencia sobre qué facer co buque sigue estando en mans do Estado. A posición de Galiza no mapa a pon continuamente en perigo polo paso de decenas de buques tódolos días fronte as nosas costas e, se como estes días, dase unha situación de alerta, difícilmente se poderá buscar un mellor sistema de salvamento e seguridade marítima que no sexa aquel dirixido desde Galiza.
Non é que pense que a xestión do Estado nesta crise sexa desastrosa pero sí francamente mellorable. De feito, son dos que pensa que se tiveramos dirixido esta crise dende Galiza as cousas estarían agora mellor do que están e, dende logo, os galegos e galegas recibiriamos máis información oficial da que recibimos.
¿Xestiona-la crise desde Galicia? Ti estás parvo. ¿Qué o que che fai pensar que desde aquí faríamolo mellor?
As solucions que nos achegarían sabedes moi ben cales serían, o que fixeron co Prestige: afastalo das costas.
É unha vergoña que despois de todo o que pasou non haxa un plans de actuacións para situacións de emerxencia.
Qué se poñan as pilas dunha puta vez desde Santiago e Madrid, e fagan protocolos de emerxencias. ¡Vaia merda de políticos temos!