- Atrás »
- Curiosidades , curioso , mundo »
- AS "ARMAS" DE AZNAR
Publicado por : Adycto
8 de febreiro de 2007
Hai días nos que tes que rebuscar moito nos "papeis" para atopar algo do que che apeteza falar e logo hai outros, como é o de hoxe, no que só cun vistazo atopas moitos temas para escribir. Así, hoxe poderiamos falar da morte da irmá de Letizia, ou do feito de que Buenafuente renuncie ao premio "Micrófono de Ouro", da Federación de Asociacións de Radio e Televisión porque tamén llo concederon a Federico Jiménez Losantos. Tamén poderiamos falar de que o que vai a ser novo ministro de Xustiza segundo o "Pravda", Mariano Bermejo, foi "apartado da Fiscalía de Madrid, onde desenvolveu unha actividade durante longos anos, como parte dun plan de depuración de fiscais deseñado en 2003 polo entón ministro de Xustiza do Partido Popular, José María Michavila, e o fiscal xeneral do Estado, Jesús Cardenal", segundo este imparcial xornal. Ou sexa, un resentido contra o PP como novo ministro de Xustiza. O perfecto para acabar coa crispación. Sen embargo e, a pesares de todos estes magníficos temas, a elección de Xornal Aberto para hoxe é que Aznar declarou, onte a noite durante unha conferencia en Pozuelo de Alarcón, que "Todo o mundo pensaba que en Irak había armas e agora sei que non". Pois si que tardaches en caer da burra meu home!
Na súa intervención, que podedes ver enteira premendo neste enlace, o ex-presidente afirmou que "cando eu non o sabía, ninguén o sabía". Señor Aznar, cando vostede, hai catro anos, decidiu arrimarse ao señor Blair e ao señor Bush na foto das Azores e, deste xeito, apoiar a guerra de Iraq a pesares de non ter unha resolución expresa da ONU ao respecto, moitos españois saíron á rúa a manifestarse e protestar. A maioría dos que protestaban o facían contra a ilegalidade da guerra pero, por aquel tempo, xa moitos falaban de que en Iraq non había armas de destrucción masiva que forzasen a entrada dos exércitos de EEUU e os seus aliados. Por esas datas, 9 de cada 10 españois estaban en contra da intervención de España nesa guerra e vostede, a pesar de todo, seguiu coa súa decisión adiante. Non diga que non sabía vostede naquel tempo, e nos anos seguintes, que Iraq non poseía armas de destrucción masiva porque, simplemente, non é verdade. Por certo, para os enfermos destas cousas aquí podedes descargar o discurso íntegro de Aznar en Pozuelo.
"Poden estar seguros de que o réximen iraquí ten armas de destrucción masiva". Tanto nos meses previos á guerra en Iraq como durante a mesma, Aznar defendeu a existencia de armas de destrucción masiva para lexitimar o seu apoio á intervención. Inclusive tras a guerra, cuando xa parecía dubidoso que as armas aparecesen, Aznar mantívose firme. Éstas son algunhas das súas declaracións ao respecto extraídas dun artigo do xornal El Mundo sobre este tema.
30.01.2003, Nunha rolda de prensa xunto a Tony Blair en Moncloa: "Decir que Irak cuenta con armas de destrucción masiva no forma parte del terreno de la fantasía". Ese mesmo día nunha carta que firmou xunto a sete mandatarios europeos falaba da necesidade de "liberar al mundo del peligro que supone la posesión por parte de Sadam Husein de armas de destrucción masiva".
02.02.2003, nunha entrevista concedida a Europa Press: "El Gobierno tiene información reservada que demuestra que Irak, con armas químicas y biológicas y conexiones con grupos terroristas, supone una amenaza para la paz y la seguridad mundial. Tenemos evidencias suficientes en ese sentido"
05.02.2003, nunha comparecencia no Congreso dos Deputados: "Existen vínculos con grupos teroristas como Abu Nidal, la organización de Muyahidin Khalg, el grupo Ansar-el-Islam o la facción de Abú Abbas, y es sabido con qué generosidad recompensa a los terroristas suicidas de Hamas. Como ha dicho un gobernante europeo, sólo es cuestión de tiempo que las armas de destrucción masiva lleguen a manos de grupos terroritas"
13.02.2003, nunha entrevista dirixida por Ernesto Sanz De Buruaga en Antena 3: "Puede usted estar seguro, y pueden estar seguras todas las personas que nos ven, de que les estoy diciendo la verdad: el régimen iraquí tiene armas de destrucción masiva, tiene vínculos con grupos terroristas y ha demostrado a lo largo de la historia que es una amenaza para todos".
18.02.2003, nunha entrevista concedida a Luis Herrero na cadena Cope: "En estos momentos quiero decir que estamos ante una amenaza y un riesgo ciertos. Lo vuelvo a decir y estoy diciendo la verdad: un régimen que tiene armas de destrucción masivas y conexiones terroristas es un riesgo para la paz y la seguridad del mundo. Ese mesmo día, nunha comparecencia no Congreso dos Deputados afirmou que "los propios inspectores de Naciones Unidas han constatado armamento químico y biológico no declarado por Sadam".
27.02.2003, nunha visita oficial a Silvio Berlusconi: "Es necesaria una actitud de firmeza, porque sin la presión internacional Sadam Husein no estará dispuesto a hacer absolutamente nada. No queremos ver un mundo sometido al chantaje de las armas de destrucción masiva y del terrorismo".
9.03.2003, nunha entrevista concedida ao semanario 'Newsweek': "Si se junta el terrorismo con las armas de destrucción masiva--que es la gran amenaza que Irak representa-, sinceramente, no quiero vivir en un futuro que esté de rodillas, impotente, ante los terroristas"
14.03.2003, Nun acto organizado polo PP para explicar a súa postura ante a guerra: "No hay que preguntarse para qué va a utilizar Sadam Husein las armas de destrucción masiva. Esas armas existen y ya han sido usadas"; "Hay que desarmar a Sadam Husein porque, si no lo hacemos, el precio que pagaremos será terrible.
30-06-2003 No discurso do Estado da Nación: "El arsenal químico y bacteriológico tarde o temprano tendrá que aparecer porque las investigaciones han comenzado ya".
10.07.2003, Nunha entrevista concedida ao xornal 'San Francisco Chronicle': "Esas armas serán encontradas"
este tipo é incapaz de recoñecer un puto erro. Ata nesta circunstancia nega unha desculpa ou o recoñecemento dun erro....acojonante