Publicado por : Adycto 9 de febreiro de 2007


Xornal Aberto adica hoxe o seu post aos World Press Photo, os premios de fotoxornalismo máis importantes do mundo, que acaban de declarar gañador deste ano 2006 ao fotógrafo americano, Spencer Platt. A fotografía que lle permitiu gañar a edición 2006 do World Press Photo, e que preside esta información, é unha instantánea sobre a devastación no Líbano que, segundo os xuíces, merece o galardón de mellor imaxe do ano. A fotografía gañadora mostra unha rúa de Beirut, devastada tras os bombardeos israelíes, pola que circula un coche descapotable no que viaxan varios mozos libaneses vestidos á última moda, con gafas de marca e teléfonos móviles con cámaras de fotos. A foto, dende logo, non deixa a ninguén indiferente.


Spencer Platt recibirá como premio 10.000 euros nunha ceremonia que se celebrará o vindeiro 22 de abril en Amsterdam. O xurado, ademáis de a Spencer Platt, premiou o traballo de 58 fotógrafos en dez categorías entre as que atopamos algún español como Arturo Rodríguez, José Cendón, Moises Saman, Pep Bonet ou Daniel Beltrá, que repite galardón este ano. Para o concurso presentáronse 78.083 imaxes, de 4.440 fotógrafos profesionales de 124 países.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -