Publicado por : Adycto 15 de febreiro de 2007


Despois do post sobre o despregue técnico de Xornal Aberto para seguir en directo o xuízo do 11-m, voltamos a Galiza para informar de que dous concelleiros do PPdG da localidade pontevedresa de Gondomar, concretamente Alexandre Gómez Garrido, concelleiro de Urbanismo e Xosé Luís Mosquera, responsable de Cultura, foron detidos pola Garda Civil onte á noite. Ademáis destas dúas detencións, a Garda Civil prendeu tamén ao arquitecto municipal e á moza dun dos concelleiros. As detencións producíronse como consecuencia dunha operación policial iniciada hai algún tempo polo presunto cobro de cartos a cambio da concesión de licenzas e a axilización de expedientes urbanísticos. Esta investigación iniciárase pola denuncia dun promotor ao que lle terían solicitado un pagamento ilegal a cambio de favores urbanísticos en predios do municipio.O Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Gondomar permanecía paralizado logo da decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia despois dun recurso presentado contra o documento polo grupo socialista local. Como podedes ver no mapa recollido do xornal de Pedro J, son varios os casos de corrupción urbanística que temos xa na Galiza....e os que virán!


Parece ser que a Garda Civil e o xuíz encargado do caso están investigando a máis persoas na vila, tanto por se pagaron a cambio de recibir facilidades para licenzas de obra, como por se ademais dos catro detidos hai máis implicados no sistema de cobros ilícitos. Os interrogatorios que se lle están a facer aos detidos durante esta mesma mañá poden dar lugar a novas detencións.


A oposición política de Gondomar vén reiterando desde hai semanas as súas sospeitas de que algo irregular estaba ocorrendo no urbanismo local. De feito, o pasado mes de abril someteuse a votación a petición de cesamento do concelleiro de Urbanismo agora detido, Alejandro Gómez Garrido. Os votos do equipo de goberno, do Partido Popular, lograran evitar entón o cesamento.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Aaaaai, que me poñedes Porto do Son en Muros!!!

  2. Adycto dí:

    Certo modesto pero é así a infografía do diario bórico de Pedro J e eu non din feito nada mellor

  3. Anónimo dí:

    E triste pero é asi, o que a min me preocupa mais si cabe e todos aqueles casos que non chegan a conñecerse e deixan que moitos "listos" se fagan ricos a nosa costa, e simplemtne porque temos unhas leises que non valen pa nada e uns politicos que valen pra menos. A corrrupocion urbanistica recorre a nosa terra de caboms a rabo e eiqui ninguen parece facer nada efectivo. Iso si ....cando chegen as eleccions ide a votar...

    por un sistema de referendums anuais e por unha transparecna na informacion

    http://www.lacoctelera.com/galiciadenuncia

    Denunciade as cousas e que todos saibamos quen foi o listillo de turno....

    GALICIADENUNCIA

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -